viernes, 24 de abril de 2015

O diario de Noa

 Esta película xa é para moitos un clásico do cine e tiña que facerlle unha entrada neste blog. Foi dirixida por Nick Cassavetes e protagonizada por Ryan Gosling e Rachel McAdams. Basada en "O caderno de Noa", de Nicholas Sparks, a película estreouse en 2004.

http://es.wikipedia.org/wiki/The_Notebook_%28pel%C3%ADcula%29




Aquí deixo o tráiler por se lle queredes botar un vistazo:

Enlaces

Aquí deixo un par de enlaces que probablemente vos sexan útiles

http://www.tecno12-18.com/

http://illainformatica.blogspot.com.es/

http://www.edu.xunta.es/centros/iesillaarousa/

http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

http://www.intel.es/content/www/es/es/homepage.html

http://www.microsoft.com/es-es/default.aspx

http://www.lanasa.net/

jueves, 23 de abril de 2015

Presentación

Aquí unha presentación sobre a nosa viaxe a Londres, unha cidade moi fermosa que estés o tempo que estés, sempre che parecerá pouco.


lunes, 13 de abril de 2015

China é o país con maior demanda de robots industriais

Berlín, 24/03/2015 (O Pobo en Línea)- La Sociedad Internacional de Robótica de Frankfurt publicou o 23 de marzo un estudo sobre o crecemento da demanda de robots industriais no mundo en 2014 segundo unha lista de vendas. Segundo a investigación, Asia segue sendo a rexión con máis demanda deste tipo de robots, e China, cun crecemento do 54% da demanda, é o país que máis necesita os robots industriais neste momento.

Segundo a asociación, no mercado chinés en 2014 vendéronse un total de 56.000 robots industriais, incluíndo 16.000 unidades de vendedores locais. Dous dos maiores provedores estranxeiros seguen sendo o grupo suízo ABB e a empresa alemá KUKA entre outros.


O informe sinala que en 2014, a venda de robots industriais moveu no mundo máis de 5.900 millóns de dólares, ano no que se venderon aproximadamente 225.000 unidades, un 27% máis que en 2013. As vendas aumentaron en todas as rexións do mundo, pero en Asia este aumento representou case dous terzos. O informe tamén mostra que o ano pasado, despois de China, os países con máis demanda de robots industriais foron Corea do Sur, Xapón, Estados Unidos e Alemaña nesta orde. Estes cinco países cubriron o 75% das vendas mundiais de robots industriais.



Diodos

En electrónica, un díodo é un compoñente electrónico que conduce a corrente eléctrica nunha única dirección. O termo adoita facer referencia a un díodo semicondutor, o tipo máis común actualmente. Este é unha peza cristalina de material semicondutor conectada a dous terminais eléctricos. Un díodo de tubo de baleiro (pouco empregado actualmente agás nalgunhas tecnoloxías de alta potencia) é un tubo de baleiro con dous eléctrodos: unha placa e un cátodo.




Vídeo



Utilizando unha LDR, un circuito electrónico sinxelo e unha tapa de bolígrafo; obsérvase cando se tapa a LDR, en unha primeira parte do vídeo, cómo se activa un relé que permite o encendido dunha bombilla de 40W a 220V e na segunda parte do vídeo sustitúese o relé por un diodo led. 

Divergent

Divergent

Este libro escrito por Veronia Roth pertence á unha triloxía no cal Divergent é o primeiro e o continúan Insurgent e Allegiant que rematan a historia aínda que tamén se creou outra baseada no personaxe Catro. 

Divergent foi adaptada ao cine con Shailene Woodley como Beatice e con Theo James como Catro.


Esta novela móstranos Chicago no futuro que estará rodeada de murallas cos únicos humanos que sobreviviron as guerras. Para manter a paz, a sociedade está dividida en cinco faccións, cada unha cun fin:


Abnegación:  os altruitas. Gobernan porque non pensan en si mesmos.Visten de gris.

Erudición: os intelixentes. Realizan os avances científicos para facilitar a vida. Visten de azul.
Osadía: os valentes. A súa misión é protexer a cidade. Visten de negro.
Cordialidade: os pacíficos. Encárganse da agricultura. Visten de vermello.
Verdade:  os sinceros.  Nunca menten. Visten de branco e negro.

Ao cumprir os 16 anos todos os adolescentes realizan a Proba de Actitude que lles di a facción da que teñen máis calidades para logo escoller a cal queren pertencer. Pero Beatrice Prior, a protagonista, non pertence só a unha facción porque ela é diverxente. A novela conta como ela é iniciada en Osadía mentres oculta o seu segredo porque ser diverxente é unha razón para morrer.



viernes, 10 de abril de 2015

Maxia á luz da lúa

MAXIA Á LUZ DA LÚA


Esta película “Maxia a luz da lúa”, (Magic in the Moonlight), foi realizada en Estados Unidos polo director  Woody Allen no 2014 e producida por Perdido Productions e Harbor Picture Company. Contan coa actuación de Colin Firth, O discurso do  Rei, e con Emma Stone, Criadas e señoras. Ambientase nos anos 20. Trata sobre un mago moi prestixioso, (Colin) que intenta descubrir o engano que está facendo unha médium (Emma). El acabará créndoa e descubrirá novos sentimentos.