lunes, 13 de abril de 2015

Divergent

Divergent

Este libro escrito por Veronia Roth pertence á unha triloxía no cal Divergent é o primeiro e o continúan Insurgent e Allegiant que rematan a historia aínda que tamén se creou outra baseada no personaxe Catro. 

Divergent foi adaptada ao cine con Shailene Woodley como Beatice e con Theo James como Catro.


Esta novela móstranos Chicago no futuro que estará rodeada de murallas cos únicos humanos que sobreviviron as guerras. Para manter a paz, a sociedade está dividida en cinco faccións, cada unha cun fin:


Abnegación:  os altruitas. Gobernan porque non pensan en si mesmos.Visten de gris.

Erudición: os intelixentes. Realizan os avances científicos para facilitar a vida. Visten de azul.
Osadía: os valentes. A súa misión é protexer a cidade. Visten de negro.
Cordialidade: os pacíficos. Encárganse da agricultura. Visten de vermello.
Verdade:  os sinceros.  Nunca menten. Visten de branco e negro.

Ao cumprir os 16 anos todos os adolescentes realizan a Proba de Actitude que lles di a facción da que teñen máis calidades para logo escoller a cal queren pertencer. Pero Beatrice Prior, a protagonista, non pertence só a unha facción porque ela é diverxente. A novela conta como ela é iniciada en Osadía mentres oculta o seu segredo porque ser diverxente é unha razón para morrer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario